17.9.05

dominemos!

Cataluña xa conseguiu a concesión do dominio ".cat". É unha mágoa que case sempre teñamos que ir detrás deles, pero máis lamentábel sería que non aproveitasemos o camiño que abriron. Argumentos temos tantos coma eles, agás un que valorou moi positivamente a Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN): o amplo apoio social co que contaba, pero nós podemos conseguir tanto ou máis. A seguir facendo webs en galego, a participar en proxectos coma a Wikipedia... que se vexa que estamos vivos/as.
Polo visto, a encargada da xestión foi unha asociación chamada Puntcat. Descoñezo se en Galicia existe unha organización semellante, de non a haber, non perdamos tempo, a creala, e coloquemos o enlace e todas as páxinas do mundo. Nin o perdamos tampouco discutindo se debe ser ".gal" ou ".gz". Poñámonos man con man coa consellaría de Industria para poder sacalo adiante o antes posíbel. A polo noso espazo no mundo!